Axuda
Preguntas frecuentes

Web

Que é Rastrexando

Rastrexando é unha plataforma web agregadora de rastrexos. Buscamos e agrupámolos para que sexa máis sinxelo atopalos. Intentamos dair más visibilidade e aportar o que poidamos a comunidade.

A web é programada e mantida por Carlos González Goce no seu tempo libre.

Como engadir un rastrexo ou andaina

Buscamos e engadimos tódolos rastrexos e andainas nocturnas que atopamos, incluíndo algunhas gymkhanas que poden ser de interese para o nosa comunidade, sen ser rastrexos propiamente.

Contacta con nós se nos falta algún para engadilo na web, incluso se é antigo. Envíanos a imaxe do cartel, se a hai, e tódolos datos que queiras engadir.

Rastrexos

¿Qué é un rastrexo?

Un rastrexo é unha competición nocturna por equipos de entre 6 e 12 membros, con probas estilo Gymkhana. Estes compiten por acadar a máxima puntuacion completando as probas e facendo o percorrido o máis rápido posible.

A máxima é pasalo ben, non a competición, pero eso non impide que existan agasallos para os mellores clasificados e unha entrega de premios.

As probas poden ser de calquer tipo, habilidade, intelixencia, búsqueda... incluíndo carrilanas, tirolinas, puzzles xigantes e un longo etc.

Están organizadas por asociacións sen ánimo de lucro, veciños, centros culturáis, etc...

Hai diversas variantes xa que non hai ningún tipo de restricción e son as organizacións as que deciden e innovan. Por exemplo, habitualmente o percorrido está marcado con frechas, pero en outros debe utilizarse unha brúxula.

Recomendámoste que botes unha ollada a algúns vídeos de rastrexos en youtube.

Utiliza sempre o sentido común.

Os rastrexos non son perigosos por si mesmos, pero ten precaución e pon atención os consellos de seguridade da organización.

Qué levar
imprescindible Lanterna, pilas de recambio, roupa cómoda, móvil e teléfono da organización por se nos perdemos
Recomendable Unha muda por se nos mollamos, papel e boli, auga

Lembra sempre ler as normas do rastrexo por se hai requisitos a maiores, se é de brúxula haberá que levar mínimo unha por equipo ou se hai tramos de carretera haberá que levar algo reflectante, etc.

¿Cómo me inscribo?

Sodes moitos os que preguntades polas inscricións.

En Rastrexando buscamos pola web, facebook, etc. os rastrexos que están por vir e dámolos de alta na web para que tí os atopes fácil, pero de momento non organizamos ningún..

Habitualmente no cartel tedes toda a información necesaria para as inscricións e ademáis tamén indicamos como inscribirse por Whatsapp, Teléfono, E-mail, etc. cando esa información está disponible.

O organizador do rastrexo será o que te indiquen como debedes facer a inscrición.

Debes estar atento e vixiar cando abren as inscricións, xa que as prazas voan.